text.compare.title

text.compare.empty.header

Noticias

La desinformación sobre el Prestige, a debate en la USC

      
A Coordenadora do Voluntariado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago organiza hoxe martes, día 17, unha mesa redonda titulada "A desinformación e o Prestige" que dará comezo ás 18:00 horas na Aula A da Facultade Compostela.

Na mesa redonda participarán Miguel Anxo Murado, investigador do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, Vitor Vaqueiro, do Observatorio de Dereitos e Liberdades de Esculca, e Manuel Outeiriño, profesor de Teoría da Comunicación da Facultade de Ciencias da Información. O acto contará ademais coa colaboración especial do actor e narrador oral Carlos Blanco.

  • Fuente:

Tags:

Aviso de cookies: Usamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios, para análisis estadístico y para mostrarle publicidad. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso en los términos establecidos en la Política de cookies.